O BLOG de BIBLIOTECA E NORMALIZACIÓN DO COLEXIO DE BELESAR (BAIONA - PONTEVEDRA)

14/5/19

Comezamos a semana cultural adicada a Antonio Fraguas

Hoxe, luns, comezamos coa Semana Cultural adicada a Antonio Fraguas Fraguas. Grazas ao alumnado pola súa participación.

25/4/19

Gymkana Día do Libro

O pasado martes 23 de abril, Día do Libro, fixemos unha gymkana cinéfila con todo o alumnado do centro. Unha pequena mostra do ben que o pasamos!


28/3/19

Xa está aquí o Salón do Libro!

Moi boas familias!

Queremos anunciarvos que xa está aberto o Salón do Libro de Pontevedra!

Dende o pasado 23 de marzo ata o próximo 12 de abril tedes ao voso dispor no recinto feiral de Pontevedra unha chea de actividades,teatros, talleres e concertos dirixidos aos máis pequenos coas que disfrutar en familia.

Nesta edición a temática é "A Revolución", e da súa man chega como convidada, a cultura lusófona.

Adxuntámosvos o enlace ao programa para que lle botedes unha ollada.

http://www.salondolibro.gal/programacion-2019/

Esperamos que esta nova sea do voso interese!

22/2/19

Libre o meu pensamento! Rosalía de Castro

O 24 de febreiro festexamos o Día da nosa querida Rosalía de Castro; apoiamos a iniciativa da Asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega, e destacamos a parte de Rosalía que loita e denuncia as inxustizas, que escribe.... 
Libre o meu pensamento!!! 
O alumnado de 5º e 6º recita o poema " O forno está sin pan" e Cecilia, Noelia e Icia, cantan Negra sombra.

14/2/19

Mar de Bicos en Belesar

No cole de Belesar festexamos o amor do bo, amores que coidan e fan sentir xenial, amores que acompañan e dan ás para voar, amores que respectan... por iso enchimos de bicos o cole con esta canción do grupo Bombai.

6/2/19

Poesía na aula de 5º de primaria

Continuamos coas poesias na aula de 5º de Primaria. Esta vez da mán de Antonio García Teijeiro.
Gozade coas verbas!!

Día da Paz e da non violencia

Hoxe festexamos no cole de Belesar o Día da Paz e da non violencia. Este ano quixemos resaltar o compañerismo e facilitar distintas linguaxes; para iso coñecemos e utilizamos a lingua de signos para interpretar a canción Todos somos capitáns do libro " A nena e o grilo nun barquiño"de Magín Blanco.

Lembranza para Ali Smain

Na clase de 5º de Primaria quixemos interpretar este poema de Antonio García Teijeiro, para lembrar que todavía temos guerras que continuan destrozando vidas e sonos. Este poema escribíuse para sinalar a figura de Alí Smain, un neno que perdeu a toda a súa familia na guerra de Bagdad. Quedou sen os seus brazos e as súas pernas foron queimadas polas armas químicas. 
As vidas dos nenos e nenas non deberían sufrir as pésimas decisións dos maiores!

20/1/19

Noctiluca en Belesar

O pasado venres , na clase de 5º de Primaria do CEIP Belesar, tivemos a sorte de ter na nosa compaña a poetisa Bea López co seu traballo Noctiluca. Con ela descubrimos algunhas das súas razóns para escribir poesía, comentamos  o que sentimos ao ler os seus poemas de Noctiluca 
e lle interpretamos algúns.