O BLOG de BIBLIOTECA E NORMALIZACIÓN DO COLEXIO DE BELESAR (BAIONA - PONTEVEDRA)

Mostrando entradas con la etiqueta samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta samaín. Mostrar todas las entradas

31/10/09

ASÍ FOI O SAMAÍN

Máxico Samaín! Foi un día moi especial para todos. Faustina felicitou a todos os nenos e nenas polo seu traballo, e tamén as bruxas e dona Cabaza nos explicaron acerca deste día.
Agora podedes ver uns anaquiños da festa do Samaín nesta pequena pantalla: Que vos pareceu a nosa particular celebración?

30/10/09

CERTAME DE CONTOS EN BELESAR


Hoxe foi o gran día en Belesar. Despois do recreo reunímonos todos a escoitar as felicitacións de Faustina á que lle encantaron todos os contos que lle enviamos. Tamén presenciamos unha obriña de meigas na que nos explicaron a diferencia do Samaín e do Halloween...
O mellor de todo foron os contos que nos dedicaron os nenos e nenas de Belesar. Incluso os pequenos de infantil nos deleitaron cos seus relatos. Os gañadores dos contos léron para todos nós as súas obras e recibiron un libro como agasallo.
Temos que facer mención especial aos seguintes gañadores:
De 1º curso: Julio e Alex.
En 2º curso, Pablo e Yasmina
En 3º curso Jerónimo, Diego, Rosalía, Lucas.
En 4º curso destacaron: Carla e Andrea.
En 6º curso tiveron mención Sergio e Miguel Angel
Noraboa a todos os participantes!!! Gardaremos os contos na nosa biblioteca!


29/10/09

ACÉRCASE O SAMAÍN


A entrada do colexio ten un aspecto moi especial! Pantasmas, castelos, arañas e cabazas invadiron o colexio. Todo é a preparación do noso día favorito do ano: O venres de Samaín.
No panel de Normalización aprendestes moitísimas cousas acerca desta festividade..
Mañá venres, coñeceremos aos gañadores do Concurso de Contos de Medo, que levamos semanas preparando......Quizáis tamén apareza algunha bruxa contándonos un conto. Pode que ata Faustina , a nosa mascota, se atreva a falar en público...Todo pode pasar un día como mañá.