O BLOG de BIBLIOTECA E NORMALIZACIÓN DO COLEXIO DE BELESAR (BAIONA - PONTEVEDRA)

Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas

21/4/10

FINA CASALDERREY EN BELESAR


Hoxe foi un día moi especial na biblio de Belesar.... Despois de estar traballando duramente nos enormes murais relacionados cos seus libros....por fin...por fin...chegou Fina Casalderrey!!!
Chegou, con esa voz dulce e agarimosa, a contarnos segredos que só as escritoras como ela coñecen. Falounos da maxia das palabras, deleitounos con relatos da vida cotiá que nos axudan a crecer, a aprender. Falounos dela: desa Fina que "non ten nada de especial", que é unha mestra coma calquera outra, pero que ama a forma de expresar sentimentos a través das letras....
Engaiolounos coas súas anécdotas,namorounos cos seus segredos, enganchounos cun vocabulario cercano ao noso,e tan poético fíxonos rir........ Firmounos todos os nosos libros, posou con nós nos murais, e por suposto firmou no noso libro de visitas, que o gardaremos con cariño...
Encantáchenos Fina!!!! Grazas por vir!!! Ata sempre"""

FINA CASALDERREY EN BELESAR on PhotoPeach

11/4/10

AGASALLOS DE FAUSTINA


Faustina, a nosa mascota, xa está cos preparativos da visita dunha escritora moi especial. ....ANtes das vacacións fíxolles un agasallo a cada rapaz e rapaza do cole para que aumentaran a biblioteca da casa.
Lestes os libros que vos regalou Faustina!! Estades xa preparados para realizar os murais acerca deses libros?

A conta atrás comeza: todos a traballar e prepararlle a visita a esta xenial autora!!
Estes son os vosos libros que poderedes darllos para que volos firme!


10/12/09

INVESTIGACIÓNS MARIÑAS NA BIBLIO


A biblio do cole convertiuse por unha mañá nun centro de investigación Mariña. Luisa e Garci, do Instituto de Investigacións Mariñas ( IIM) prepararon para todo o alumnado unha interesantísima sesión acerca do seu traballo no Instituto.
Ambos traballan no CSIC (Consejo Superior de Investigacións Científicas)
Garci traballa cos cefalópodos, é submarinista profesional e fai uns vídeos do mundo marino alucinantes. Ensinounos moitas cousas acerca da vida submarina: puidemos ver a unha femia de pulpo escondida entre as rochas coidando dos seus oviños; tamén vieiras que escapaban ante a presencia de depredadores....incluso estreliñas de mar que se desplazaban con destreza...Non faltou o vídeo de Gaspar, o delfín traste que vive na ría de Pontevedra, e un montón de peixes que se camuflaban escondéndose na area ou cambiando a súa cor.
Que vos pareceu esta visita? Que foi o que máis vos impresionou?