O BLOG de BIBLIOTECA E NORMALIZACIÓN DO COLEXIO DE BELESAR (BAIONA - PONTEVEDRA)

Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas

27/5/10

DERRADEIRA REPRESENTACIÓN TEATRAL: AUDITORIO DE VIGO

Que non digan que non se nos da o teatro!!! Hoxe viaxamos ata Vigo, no Auditorio de Teatro Municipal. A escola dramática de Teatro de Vigo organizou a Semana de Teatro Escolar, na que participamos.
Alí nos xuntamos con outros colexios :CPI PANXÓN ( "O rapto de Europa", de romanos), CEIP SEIS DO NADAL( "Rosa a exploradora glamurosa", CEIP LOPE DE VEGA " Aventura Pirata", e un xenial Teatro Negro que nos sorprendeu.
Animánosmos todos e todas uns aos outros, xa que somos amigos e solidarios. Aprendemos a convivir a través do escenario, dos aplausos, e dos bravos...Foi unha experiencia xenial ...Gustouvos?

25/5/10

3ª REPRESENTACIÓN TEATRAL : OS DE BELESAR!


E tocoulle o turno aos rapaces e rapazas de Belesar!! Hoxe fixeron as representacións para todo o colexio e para pais e nais.
O alumnado de 4º representou a obra "Rescantando os soños", no que descubrimos a importancia da Igualdade entre nenos e nenas. Dixeron NON ÁS ETIQUETAS. "Non" a diferenciación entre sexos.
Rapaces e rapazas poden ter os mesmos gustos, as mesmas características. .... e unha rapaza como Carla, pode preferir ser mariñeira a perruqueira.
O alumnado de 2º representou " O planeta sen cores". Faláronnos de Solidariedade, de Mulitculturalidade....Os planetas de cores do universo non poden estar enfrentados....deben ser amigos, axudarse ....
Estas mensaxes chégannos da maneira máis amena e didáctica.....nada mellor que un neno ou nena para chegar ao noso corazón!
E se non que llo pregunten a esas lagrimiñas que botaron as nais!!! TEATRO EN BELESAR on PhotoPeach






TEATRO INTERESCOLAR:ceip RÍA DE VIGO

Comezaron as Xornadas Interteatro. Hoxe tocoulles aos rapaces do ceip Ría de Vigo que co nome dos"Golfiños Titiriteiros" representaron varias obriñas que a todos nos encantaron. Recibiron uns diplomas , unha merendola e os nosos aplausos, porque nos encantaron.




8/5/10

TEATRO INTERESCOLAR: CEIP CHOUZO


O venres, 7 de maio, viñeron ó noso colexio os nenos do Chouzo a representar "El monstruo peludo", algúns dos máis pequenos pasaron un pouco de medo pero todos disfrutamos da estupenda interpretación dos nenos do Chouzo. Noraboa, rapaces!



18/4/10

MAÑÁN DE TEATRO: CONTOS DO MUNDO


Neste mes do libro o cole quedouse casi baleiro. Onde están todos os de primaria?
Ah! foron a Vigo a ver a obra de teatro "contos do mundo", que estivo a cargo da compañía "Castigados sen patio". Foi unha recopilación de contos que nos deu a ciñecer a infinita variedade da cultura popular de tradición oral, a importancia da palabra e das historias que expresan a maneira de pensar e de sentir dos pobos.
Os actores e actrices contáronnos diferentes contos de Marrocos, Répública Checa, México......
Dímonos conta de que hai infinidade de contos diferentes en todo o mundo, e parécense máis do que pensamos...


26/10/09

TÍTERES BABALUVA



O doutor Octopus e a doutora Medusa invitáronnos a todo o alumnado do ceip Belesar a unha sesión de monicreques no ceip Sabarís da man da Compañía de Teatro Babaluva.
A obra titulábase Marusía, e con ela aprendemos a coidar a natureza e vencer ás tres MMM: o Medo, a Mentira e a Maldade.¨Todo coa axuda dos amigos que son o mellor tesouro.
A partires de novembro poderemos participar nos experimentos interactivos da Dra Medusa, entrando nesta páxina:http://www.galiciaeascienciasdomar.org/.
Aquí poderás atopar experimentos e actividades que te axudarán a chegar ao fondo do mar. Móllate nesta páxina! Cóntanos que che parece!

28/5/09

TEATRO DE PORTAS ABERTAS


Hoxe, xoves celebramos as II Xornadas de Teatro Escolar en Belesar. Recibimos como invitados tanto ás familias como a outros centros. Así, tivemos como invitados ao alumnado do colexio CEE Juan María, aos que agasallamos cunha merendola despois das actuacións.
Foi un día de Portas Abertas no que os actores e actrices de 2º e 4º demostraron un gran talento e ilusión por compartir con todos o seu traballo.

27/5/09

SEMANA DO TEATRO EN BELESAR



Durante esta semana en Belesar teremos as representacións das obras de teatro escolar que participaron no Proxecto Inter-teatro co que o noso cole colabora.
Neste proxecto colaboran máis de 10 centros escolares que se intercambian para presentar as súas actuacións.Acuden uns aos colexios de outros e son recibidos cun diploma e merendola ademáis de moitos aplausos e parabéns.
Este ano recibimos a visita do alumnado de 6º do ceip Carrasqueira. No noso colexio prepararon obra o alumnado de 2º con O mundo Emporcallado, e o alumnado de 4º con O tesouro da Fraga.

7/4/09

TEATRO INTERESCOLAR


Un ano máis, celebramos a Xornada de Teatro Interescolar. Desta vez, os artistas invitados viaxaron dende o ceip Carrasqueira de Vigo. Todo un espectáculo de música e baile en inglés fixeron vibrar a todo o público ao ritmo de Mamma Mía.

Este grupo de rapaces e rapazas de 6º curso convertiron o popular conto de Brancaneves nunha moderna versión musical que entusiasmou a todos. Noraboa grupo teatral Carrasco!

Despois da representación houbo unha merendola merecidísima para os actores e actrices, e todo rematou cun Gran Partidazo de Futbol entre os dous colexios que demostraron levarse moi ben.

En Maio serán os artistas de 2º e 4º curso os que representarán no ceip Carrasqueira outra obra de teatro.

Ata pronto amig@s!


12/2/09

TEATRO INTERESCOLAR



Neste mes de Febreiro tivemos unha visita moi especial. Trinta actores e actrices do colexio Ría de Vigo visitáronnos e representaron para nós unha obra de teatro mimado e musicado.
A profe, Mónica, que imparte clases os martes pola tarde , en extraescolares, puxo en contacto aos dous centros para o intercambio de artistas entre os dous centros.
O resultado foi xenial xa que encántanos compartir experiencias con outros colexios...e , en xeral: rechíflanos o teatro!!!
Noraboa a todos os teatreiros de Belesar e Ría de Vigo: agardamos máis funcións!!!