Un ano máis, celebramos a Xornada de Teatro Interescolar. Desta vez, os artistas invitados viaxaron dende o ceip Carrasqueira de Vigo. Todo un espectáculo de música e baile en inglés fixeron vibrar a todo o público ao ritmo de Mamma Mía.
Este grupo de rapaces e rapazas de 6º curso convertiron o popular conto de Brancaneves nunha moderna versión musical que entusiasmou a todos. Noraboa grupo teatral Carrasco!
Despois da representación houbo unha merendola merecidísima para os actores e actrices, e todo rematou cun Gran Partidazo de Futbol entre os dous colexios que demostraron levarse moi ben.
En Maio serán os artistas de 2º e 4º curso os que representarán no ceip Carrasqueira outra obra de teatro.
Ata pronto amig@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario