O BLOG de BIBLIOTECA E NORMALIZACIÓN DO COLEXIO DE BELESAR (BAIONA - PONTEVEDRA)

Mostrando entradas con la etiqueta concursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concursos. Mostrar todas las entradas

11/3/10

PREMIOS DO CONCURSO DE IGUALDADE


O alumnado de 4º curso de Belesar está traballando a Igualdade durante todo o ano. Decidiron participar nun concurso literario organizado polo Concello de Baiona.
Onte , martes día 9 de marzo, foi a entrega de premios e moitos centros acudiron nerviosos e emocionados. Primeiro entraron no recinto amurallado do Monte Real , e logo entraron na torre do Príncipe, sempre baixo a explicación dunha guía.
Viron a exposición de fotografías "Elas sempre están" na que puideron ver imaxes de mulleres do mundo rural.
E por fin chegou a hora da entrega de premios. Había premios para alumnos de Belesar, Sabarís e Fontes.
Manuel recibiu o 3º premio, e Moisés o segundo. Foi unha gran alegría para todos os de 4º, e para o colexio!"!








2/3/10

ENTREGA PREMIOS REDACCIÓN


Entregáronse os premios aos mellores traballos de Redación de Entroido. Xa sabedes que dende Biblioteca e Normalización pedímosvos un relato acerca do entroido dos vosos avós , avoas, ou pais e nais.

Houbo premios para casi todos, os que se esforzaron e fixeron boas presentacións.

A Faustina encantáronlle a maioría dos traballos. Nraboa!!!!

3/2/10

O ENTROIDO DOS NOSOS AVÓS


Hoxe, a nosa mascota Faustina mandou unha carta para os rapaces e rapazas de Primaria. A nosa dire, Paz, e dúas axudantes de Biblioteca, Rosalía e Claudia, foron polas clases lendo o correo de Faustina.
Nesta carta decíanos que lle gustaría saber cómo pasaban o entroido os nosos avós e avoas. Propúxonos que llo escribíramos nunha chula plantilla.
Estades preparados para axudar a Faustina? Seguro que se porá moi contenta!!

14/2/09

VOTACIÓNS EN SAN VALENTÍN


No ceip de Belesar realizamos unhas votacións moi especiais: ao poema de amor que máis nos gusta.

Non podíamos celebrar doutra forma o San Valentín ,que regalándonos poemas entre amigos e amigas, aos mestres e familiares.

Dende a biblio do cole nos presentaron sete poesías de distintos autores, que podíamos votar e regalar a quen quixeramos.

Pasámolo moi ben xa que encántanos facer agasallos coma estes . As verdadeiras mostras de amizade son así: palabras fermosas que fannos felices e non precisan mercarse.

Animádevos a crear os vosos propios poemas de Amor!


15/11/08

RECEITAS DE OUTONO EN BELESAR

O outono pasou por Belesar con máis forza que de costume e deixounos exquisitos manxares que elaboraron os nosos alumnos e alumnas coas súas propias mans ... e con axuda das súas familias. Todo comezou cunha proposta dende o Equipo de Biblioteca no que se invitaba a alumnado a elaborar xunto coa familia unha Receita de Outono . A resposta de pais , nais, avós...etc, non se fixo esperar e ademáis das receitas que recollemos nun Gran Libro de Receitas ,celebramos unha Xornada de Degustacion.
Non vos describiremos o sabor de cada plato, basta con admirar a pinta que tiñan os postres!!!
Todas unhas "delicatessen"!!