O BLOG de BIBLIOTECA E NORMALIZACIÓN DO COLEXIO DE BELESAR (BAIONA - PONTEVEDRA)

11/3/10

PREMIOS DO CONCURSO DE IGUALDADE


O alumnado de 4º curso de Belesar está traballando a Igualdade durante todo o ano. Decidiron participar nun concurso literario organizado polo Concello de Baiona.
Onte , martes día 9 de marzo, foi a entrega de premios e moitos centros acudiron nerviosos e emocionados. Primeiro entraron no recinto amurallado do Monte Real , e logo entraron na torre do Príncipe, sempre baixo a explicación dunha guía.
Viron a exposición de fotografías "Elas sempre están" na que puideron ver imaxes de mulleres do mundo rural.
E por fin chegou a hora da entrega de premios. Había premios para alumnos de Belesar, Sabarís e Fontes.
Manuel recibiu o 3º premio, e Moisés o segundo. Foi unha gran alegría para todos os de 4º, e para o colexio!"!








1 comentario:

Anónimo dijo...

Moitas felicidades!

Os vosos traballos foron xeniales e sobre todo os de Belesar. Non vos preocupedes se non gañástedes seguro que todos os esforzastedes moito.

Felicidades!

MIGUEL ANGEL E SERXIO 6º