O BLOG de BIBLIOTECA E NORMALIZACIÓN DO COLEXIO DE BELESAR (BAIONA - PONTEVEDRA)

15/11/08

RECEITAS DE OUTONO EN BELESAR

O outono pasou por Belesar con máis forza que de costume e deixounos exquisitos manxares que elaboraron os nosos alumnos e alumnas coas súas propias mans ... e con axuda das súas familias. Todo comezou cunha proposta dende o Equipo de Biblioteca no que se invitaba a alumnado a elaborar xunto coa familia unha Receita de Outono . A resposta de pais , nais, avós...etc, non se fixo esperar e ademáis das receitas que recollemos nun Gran Libro de Receitas ,celebramos unha Xornada de Degustacion.
Non vos describiremos o sabor de cada plato, basta con admirar a pinta que tiñan os postres!!!
Todas unhas "delicatessen"!!


1 comentario:

ratoMik dijo...

Que apetitoso!
Unha proposta estupenda que favorece a implicación das familias e a satisfacción persoal de compartir cos demais. Parabéns!!
(Lástima non poder probar esas delicias...)

Mik