Neste mes do libro o cole quedouse casi baleiro. Onde están todos os de primaria?
Ah! foron a Vigo a ver a obra de teatro "contos do mundo", que estivo a cargo da compañía "Castigados sen patio". Foi unha recopilación de contos que nos deu a ciñecer a infinita variedade da cultura popular de tradición oral, a importancia da palabra e das historias que expresan a maneira de pensar e de sentir dos pobos.
Os actores e actrices contáronnos diferentes contos de Marrocos, Répública Checa, México......
Dímonos conta de que hai infinidade de contos diferentes en todo o mundo, e parécense máis do que pensamos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario