O BLOG de BIBLIOTECA E NORMALIZACIÓN DO COLEXIO DE BELESAR (BAIONA - PONTEVEDRA)

21/4/10

FINA CASALDERREY EN BELESAR


Hoxe foi un día moi especial na biblio de Belesar.... Despois de estar traballando duramente nos enormes murais relacionados cos seus libros....por fin...por fin...chegou Fina Casalderrey!!!
Chegou, con esa voz dulce e agarimosa, a contarnos segredos que só as escritoras como ela coñecen. Falounos da maxia das palabras, deleitounos con relatos da vida cotiá que nos axudan a crecer, a aprender. Falounos dela: desa Fina que "non ten nada de especial", que é unha mestra coma calquera outra, pero que ama a forma de expresar sentimentos a través das letras....
Engaiolounos coas súas anécdotas,namorounos cos seus segredos, enganchounos cun vocabulario cercano ao noso,e tan poético fíxonos rir........ Firmounos todos os nosos libros, posou con nós nos murais, e por suposto firmou no noso libro de visitas, que o gardaremos con cariño...
Encantáchenos Fina!!!! Grazas por vir!!! Ata sempre"""

FINA CASALDERREY EN BELESAR on PhotoPeach

No hay comentarios: