Os rapaces e rapazas de 5º tiveron unha visita moi especial na biblioteca do colexio. Dende a entidade do Parque Nacional das Islas Atlánticas de Galicia, prepararon actividades para coñecer mellor esas Illas.
Tivemos dúas especialistas que nos ensinaron moitas cousas acerca das praias, e os animais que habitan nestes espazos protexidos.
Por último prepararon un xogo colectivo de pesca nun orixinal taboleiro , en que todos aprendemos a respetar a natureza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario