Hoxe veu ao colexio Rosa, a nai de Laura (3º) e Amaro (6º). Rosa é arqueóloga e traballa na busca de restos de homes prehistóricos que podan ensinarnos un pouco máis sobre a súa forma de vida.
Os nenos/as de 3º e 4º de E.P estivemos pola mañá na biblioteca con Rosa e con ela aprendimos moitísimas cousas sobre os homes que poblaban o mundo fai miles de anos. Trouxo algúns dos aparellos que utilizaban entón para facer debuxos, cazar, cortar... que puidemos manipular e tamén nos amosou moitas diapositivas de diferentes utensilios.
Os homes daquela época non eran como somos hoxe. Vimos algunhas fotos e tivemos nas nosas mans a mandíbula dos primeiros restos humáns atopados en Atapuerca (Burgos).
Moitas grazas Rosa pola túa colaboración.
A biblioteca comeza a funcionar!
-
Un curso máis, Paco pon a funcionar a biblioteca. O alumnado de infantil
desfruta das lecturas e dos préstamos semanais de libros para poder levar a
casa...
Hace 4 horas



No hay comentarios:
Publicar un comentario