O BLOG de BIBLIOTECA E NORMALIZACIÓN DO COLEXIO DE BELESAR (BAIONA - PONTEVEDRA)

21/11/09

AVENTURA NO PORTO


O xoves os rapaces e rapazas de 2º, 3º e 4º curso foron de excursión ao Porto de Baiona. Alí tiveron a oportunidade de montar no Nauja, un barco de casi 60 anos , no que puideron montar e aprender moitas cousas de Nuria e Laura, que son as encargadas de manter o barco a punto.
A través dun xogo de búsqueda do tesouro, aprendimos palabras novas: proa, popa, babor,estribor....Visitamos os distintos departamentos do barco, a cociña, os camarotes,e descubrimos o importante que é coidar a natureza , e non tirar bolsas ao chan.
Ese mesmo día visitamos a Lonxa de Baiona: vimos como se subastaban os peixes, e nos explicaron como saber si un peixe estaba fresco ou non. Tamén probaron os ourizos de mar, qué ricos!! incluso xogaron con máquinas de subastar.
Contádenos que vos pareceu esa experiencia!!! Aprendestes moito?


1 comentario:

Anónimo dijo...

aprendin moito




David 4º