O BLOG de BIBLIOTECA E NORMALIZACIÓN DO COLEXIO DE BELESAR (BAIONA - PONTEVEDRA)

26/11/09

CONTACONTOS DE CROCODRILOS


Este 25 de novembro, Dia contra a Violencia de Xénero, tivemos unha visita moi especial na biblioteca. Rosana, de Espazo Lectura , deleitounos con xeniais contos de Crocodrilos que a todos nos encantou. Os rapaces e rapazas de infantil e 1º ciclo aprenderon moitísimo acerca deste réptil, e demostraron que están moi atentos cando se lles len contos interesantes.

Durante máis dunha hora estivemos todos moi entretidos, coas bocas abertas mirando para as sorpresas que nos presentaba Rosana, alucinando cos seus múltiples recursos.
Grazas Rosana por esos momentos! Agardamos que volvas moi prontiño!

No hay comentarios: