O BLOG de BIBLIOTECA E NORMALIZACIÓN DO COLEXIO DE BELESAR (BAIONA - PONTEVEDRA)

11/12/09

CARTAS INTERCONTINENTALES

Recibimos ao Scarlet Knight
Onte mércores 9 de decembro, recibimos ao submarino Scarlet Knight na súa chegada ao porto de Baiona.
Chegado doutro lado do Oceano, comezou a súa andaina en New York o pasado 27 de abril e rematou na nosa vila, igual que a carabela Pinta capitaneada por Pinzón.
O Glider, fixo un estudo dos fondos submarinos co obxectivo de recoller datos dos fondos marinos e do impacto do cambio climático.
Trouxo correo de nenos e nenas de 45 estados norteamaricanos, para que se poidan cartear cos alumnos/as de Belesar, Sabarís, Covaterreña e Fontes.
Alí estábamos , no clube de iates de Baiona, os nenos e nenas de 6º para asistir a este evento científico, no que un robot submarino cruza o Atlántico sen motor e aproveitando as correntes marinas.
Despois de escoitar os descursos do Ministro de Fomento José Blanco, do delegado da casa Branca Jerry Miller, do presidente de Portos do Estado González Laxe , do encargado do organismo Enrique Álvarez Fanjul e do decano da universidade de Rutgers, Dean Goodman, Cristian, un alumno de Fontes, leeu unha carta que iba a bordo do glider, escrita por un alumno norteamericano. Agora comezaremos unha comunicación cos diferentes centros norteamericanos, e o que nun inicio comezou como unha investigación científica fai que Belesar se espalle polo mundo enteiro

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu non fun pero vinllo en Baiona e é moi dificil enviar un robot dende Estados Unidos.






Mannuel pereira 4º

Anónimo dijo...

a min pareceme algo complicado o de falar cos nenos e nenas de New york







NEKANE 6º

Anónimo dijo...

Pareceume interisantísimo o proxecto do cabaleiro escarlata.
Eu estiven alí e encantoume

Miguel Angel 6º