O BLOG de BIBLIOTECA E NORMALIZACIÓN DO COLEXIO DE BELESAR (BAIONA - PONTEVEDRA)

6/3/10

PROGRAMACIÓN DE MARZO EN ESPAZO LECTURA


ACTIVIDADES PARA NENOS E NENAS
► Club de lectura compartida Lendo contigo
para nais e pais e para nenos e nenas de 7 a 11 anos
13 de marzo , sábado, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de
Gondomar. Libro proposto: Violeta non é Violeta, de Xosé A. Neira Cruz.
Contaremos coa presenza do autor.
27 de marzo , sábado, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de
Gondomar. Libro proposto: Era unha vez na quimbamba, de Antón
Cortizas. Contaremos coa presenza do autor.
Convidámosvos a que leades estes libros co voso fillo ou filla e a que acudades logo ás sesións
indicadas na Biblioteca Municipal para conversar sobre estas lecturas e manter un encontro cos
respectivos autores.
Contomar. Contacontos para nenos e nenas. Todos os
luns, ás 18:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Casa da Lectura (Nogueira, 8 – Donas). Todos os mércores ás 18:30h (obradoiros, contacontos, recitais, etc.)

ACTIVIDADES PARA ADULTOS
Club de lectura Sete vidas
2 de marzo
, martes, ás 20:00h, na Biblioteca Municipal. Libro
proposto: Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño, Ed. Galaxia.
Contaremos coa presenza da autora.
6 de abril , martes, ás 20:00h, na Biblioteca Municipal. Libro
proposto: A esmorga, de E. Blanco Amor, Ed. Galaxia. O 24 de abril
asistiremos en Vigo á representación teatral desta obra a cargo da compañía
Sarabela Teatro.
Club Lecturas debuxadas
16 de marzo de 2010, martes, ás 20:00h, na Biblioteca Municipal de
Gondomar. Cómic proposto: Tres sombras, de Cyril Pedrosa, Norma
Editorial.

No hay comentarios: