O BLOG de BIBLIOTECA E NORMALIZACIÓN DO COLEXIO DE BELESAR (BAIONA - PONTEVEDRA)

9/4/10

PREMIO PARA ESPAZO LECTURA

Estamos moi orgullosos e orgullosas do Premio recibido pola asociación Espazo Lectura. Obtiveron o Premio Irmandade do Libro 2009, na modalidade de Fomento da Lectura.

"O xurado valorou a ampla orferta de actividades (12 mensuais), e o incentivo ás familias para crear un hábito lector. Destacouse a gran labor para promover a literatura galega e os autores galegos. "

Dende aquí, felicitamos a Concha Costas, a presidenta , e a todas as persoas que traballan en E.L por este premio tan merecido. Dámoslle ánimos para que sigan ofertándonos tantas actividades

1 comentario:

Elena dijo...

Felicitarvos a vos polo traballo que dende a biblioteca facendes!!Non parades de inxeniar actividades divertidas para que os nenos dese colexio lean e o pasen ben. Transmitides dende o blog, ese gusto pola lectura!!Enhoraboa polo blog, e polo que currandes dende a biblioteca!!