Recibimos un detalle por parte do blog da caracola tola , do cole Alexandre Bóveda. É un agasallo para o noso querido beleblog, que vai crecendo pouquiño a pouco grazas a todos vós.
Se premes na imaxen verás o seu xenial blog, amigo noso. Grazas caracoliña!
O logotipo é o de "Vale a pena ficar de ollo ese blog".
Para seguir este xogo de agasallos só hai dúas regras: facer un enlace ao blog que che otorgou esta distinción, e elexir dez blogues que merezan para nós esta distinción. Como Faustina é forofa de moitos blogues de bibes , non lle será doado elexir somentes dous, pero intentarao. Dende aquí lle mandamos unha grande aperta a tod@s!! Grazas por tanto que compartimos!
3 comentarios:
Moitas grazas pola distinción.
eA nosa mascota RAIOTECA está encantada con este agasallo. Moitísimas grazas por acordarvos do noso blog.
Un agarimoso saúdo dende Pontedeume.
Moitas gracias por elexiar o noso blog.
Tódolos profesionais da Asociación agradecemos que nos elexírandes.
Esperamos ser referente mías que no blog en transmitir a tódolos educadores e persoas de a pé, que confien e valoren o potencial que TODO neno e nena posee, e as escolas tendes un papel moi importante na educación e inclusión escolar e o máis importante, social. Non deixedes de loitar pola inclusión escolar porque se merecen ser parte activa da sociedade, teñen moito que demostrar, e a escolar debe ir máis alá de educar a intelixencia e educar a parte emocional, afectiva e en valores, eso é..a persoa!!máis alá das matemáticas, e da lingua. As matemáticas e a lingua fannos grandes traballadores, pero só a educación emocional..nos fai persoas!!
O aprendizaxe cooperativo é unha metodoloxía que olvidada, é unha ferramenta moi útil de traballo nos centros educativos de cara o desenrolo e traballo da intelixencia emocional de tódolos nenos, e que sin duda avanzan en competencias instrumentáis e se adpata tamén a aqueles nenos e nenas con dificultades de aprendizaxe.
Novamente, gracias pola distinción e visitar o nos blog.
Publicar un comentario