Hoxe foi un día especial! Celebramos os Maios!! Este ano celebrámolo coa poesía de Uxío Novoneyra de fondo. Cada curso recitou versos dos seus numerosos poemas, e realizou traballos relacionados con este querido escritor galego.
A profe María fixo de presentadora do recital de poemas, e recordounos datos deste poeta ao que adicamos o Día das Letras Galegas. O profe Ramón regalounos un momento moi especial ao mostrarnos en directo os sons dos paxaros dos que fala Uxío nos seus poemas.
Ademáis, hoxe tivemos a despedida de tres xeniais profes que nos acompañaron neste último mes. Laura, Iria e Elena quedan en Belesar como un recordo alegre, fresco e xoven. Todos nós estivemos encantados con elas, e lles desexamos moita sorte coas oposicións. Grazas por todo!!!
MAIOS en Belesar on PhotoPeach
4 comentarios:
ha nosotras nos dio Laura ¡Nos encanto!
noelia y vero 4º
A mi me gusto la profe de educacion fisica era mui buena
Publicar un comentario