ESPAZO LECTURA
A reciclaxe, na nova tempada que comeza este sábado.
Carlos Freire, autor do libro O misterio do lixo mutante (Sushi Books), será o convidado da primeira sesión da nova tempada do club de lectura compartida Lendo contigo que organiza a asociación Espazo Lectura e que terá lugar este sábado 25 de outubro, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Este club está dirixido a nenos e nenas de 7 a 11 anos e as súas familias.
O tema central desta sesión será a reciclaxe e poderemos aprender os diferentes tipos de materiais que hai e como facer unha recollida selectiva. Ademais, o autor tamén nos falará de mitoloxía. E como sempre neste club non podemos descartar que poida haber algunha outra sorpresa. Agardámosvos!
AS NOSAS LETRAS: Begoña Caamaño
-
Última exposición do curso, *AS NOSAS LETRAS!*, adicada a Begoña Caamaño
homenaxeada do *Día das Letras Galegas 2026*.
Begoña foi xornalista, escritor...
Hace 1 día


No hay comentarios:
Publicar un comentario