Do 1 ao 24 de febreiro o C.E.I.P Carlos Casares albergará a exposición "O Principiño arredor do mundo. A colección de Carlos Casares".
A Fundación Carlos Casares achéganos nesta exposición unha recompilación de obxectos e manuscritos do autor, relacionados co seu afán coleccionista e a paixón que sentía pola obra "O Principiño" de Saint-Exupéry. Obra que el mesmo traduciu ao galego no 1972.
Trátase dunha exposición didáctica para público miúdo e adulto. Recolle máis de 100 edicións do libro de Saint- Exupéry, en máis de 60 idiomas e dialectos do mundo... Os paneis céntranse na biografía do autor, nunha descrición e análise da novela, da experiencia vital de Carlos Casares e da súa obra infantil.
Dita exposición estará aberta ás familias, aos centros educativos do Val Miñor e ao público en xeral, todos os días da semana (excepto o martes 21 de febreiro) de 12:45 a 13:00h e os martes á tarde de 17:15 a 18:15.
Club de lectura de familias
-
O luns 19 de xaneiro teremos a segunda xuntanza do club de lectura de
familias, onde comentaremos o libro "As tolas que non o eran" de Carmen V.
Valiña.
An...
Hace 1 día
No hay comentarios:
Publicar un comentario