O BLOG de BIBLIOTECA E NORMALIZACIÓN DO COLEXIO DE BELESAR (BAIONA - PONTEVEDRA)

28/3/17

HORA DE LER

Hoxe , na clase de primeiro tivemos unha grata sorpresa na Hora de Ler.
Unhas mozas ben xeitosiñas viñeron a contarnos un conto e Inglés "Me and my Dragon". Foi fantástico e estivemos moi atentos á lectura. Ao remate decidimos , despois de pensalo un pouco , que nós tamén somos moi capaces de ir a contar historias aos máis pequenos ...
Así que , despois de facer uns equipos , escollemos conto e prepararemos as nosas lecturas ;)


No hay comentarios: