O BLOG de BIBLIOTECA E NORMALIZACIÓN DO COLEXIO DE BELESAR (BAIONA - PONTEVEDRA)

13/5/09

FESTA DAS LETRAS GALEGAS




Este mércores foi un día de festa en Belesar. Celebramos a festa das Letras Galegas en compaña de 30 mestres europeos pertencentes ao noso programa Comenius. Mestresde Italia, Polonia, Finlandia, Dinamarca e Eslovaquia, compartiron en Belesar unha xornada escolar. Pola mañá ensinaron aos nenos cantigas e xogos populares dos seus países. Pola tardes lle presentamos estas actuacións ás familiasdo cole . Tivemos a representación da Banda de música de Belesar,e dos famosos grupos Airiños da Lagoa e Os terribles de Donas.
Ata ben entrada a noite non deixamos de disfrutar, grazas tamén aos doces que prepararon as nais e pais do colexio. Como sempre, riquísimos!

2 comentarios:

Equipo biblioteca dijo...

Felicitámosvos pola festa tan marabillosa que celebrastes onte.
Seguide así.
Unha aperta
A tartaruga lectora.

Sergio dijo...

A mín encantoume a idea do proxecto Comenius, foi unha pena que se acabara.Sergio 3º