En Belesar o Día dos Maios foi moi especial. Durante estes días cada clase estivo preparando unhas coplas para recitar. Por fin, despois do recreo comezou a acción e preparamos as flores e os fiunchos para facer fermosos maios. Como colofón rematamos recitando as coplas que tiñamos preparadas, e que todos repetiamos á par. Aquí tedes algunha copla!
O maio está aquí
tiñe os ceos de carmesí.
As flores nacen
e as esperanzas aparecen
Facemos maios
cos que todos soñamos
coas flores decoramos
como todos os anos.
No colexio
facemos festa
e traemos flores
nunha cesta.
Encántanos facer alfrombras
de todas as cres
grazas aos profesores
cun ramo de flores.
Julia e Elena, de 6º
No hay comentarios:
Publicar un comentario