O BLOG de BIBLIOTECA E NORMALIZACIÓN DO COLEXIO DE BELESAR (BAIONA - PONTEVEDRA)

19/4/10

ESPAZO LECTURA EN BELESAR


Comezou a Semana do Libro!! Hoxe tivemos uns xeniais "Conteiros", nada menos que Irene, Luis e Trini, que viñeron cargados de contos, risas, maxia e moito talento.
Disfrutamos co conto do"Mago Goma", e da interpretación do mesmo que fixo Irene. Tamén coa orixinal versión do libro "Esto non é unha caixa" que fixeron Luis e Trini. Sobre todo flipamos cos trucos máxicos de Irene. Incluso algún valente atreveuse a facer un truco diante de todo@s
Pasámolo fenomenal e aprendemos que a lectura é divertida, sobre todo si ven da man destes xeniais Contaconteiros!!
Ata pronto Espazo Lectura !!!

ESPAZO LECTURA EN BELESAR on PhotoPeach

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ola Adelaida, profes e alumnos do colexio de Belesar. Non sabedes ben vos o contentos que estamos do ben que nos tratastes e do ben que se portaron todolos nenos e nenas.
Pasámolo moi ben e temos ganas de volver outro ano con algunha cousa nova.

Unha aperta a tod@s.

Luis. Espazo Lectura.